A Apehl presenta a nova guía “…E Para Comer, Lugo” en Fitur

A Apehl presenta a nova guía “…E Para Comer, Lugo” en Fitur

A Apehl presentou a nova guía …E Para Comer, Lugo, para promocionar a provincia como destino turístico e gastronómico global

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) presentou durante a tarde do mércores na Feira Internacinal de Turismo de Madrid (Fitur) o noveno volume da colección de guías turísticas …E para comer, Lugo, que trata sobre os Camiños de Santiago que atravesan a provincia de Lugo.

Baixo o título Lugo-Santiago, o anuario está integrado por 132 que repasan o Camiño Francés, o Camiño Primitivo, o Camiño Norte, o Camiño Sur ou de Inverno e o Camiño Norte Interior. “En total, a provincia de Lugo alcanza os 800 quilómetros de Camiños”, subliñou Real.

No libro cada unha das rutas vai acompañada de mapas ilustrados e dunha variada selección fotográfica dos distintos lugares que os peregrinos poderán atopar na provincia de Lugo.

A publicación ten unha tiraxe de 15.000 exemplares que se distribúen en oficinas de turismo, albergues, feiras sectoriais, hoteis e outros establecementos hostaleiros asociados á Apehl, así como en todas as etapas da Vuelta Ciclista a España.

O lanzamento da guía tivo lugar no stand de Galicia, onde estiveron o presidente da Apehl, Cheché Real; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o delegado da Área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias.

Comparte...