Presentación pública de la iniciativa, en Lugo

A hostalería lucense apúntase á agricultura ecolóxica

Once establecementos hostaleiros de Lugo xa se sumaron a unha iniciativa para introduciren e consolidaren os produtos da agricultura ecolóxica certificada nas súas cartas.

Trátase de: Taberna do Labrego, de Begonte; O Grelo e A Picota, de Monforte de Lemos; A Parada das Bestas, de Palas de Rei; e ANosa Terra, Campos, Canela, España, O Lar de Adrián, Paprica e Porta Santiago, de Lugo.

En cada un deles estarán dispoñibles, cando menos, un primeiro prato, un segundo prato, unha sobremesa e unha bebida preparados con produtos ecolóxicos, como menú ou de forma independente.

Os restaurantes adquiriron o compromiso de manter esta oferta ecolóxica por un ano e contarán con distintivos de Craega que os acredita como establecementos recomendados.

Esta iniciativa nace dun acordo entre a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (Apehl) e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Posteriormente, esta experiencia preténdese estender o resto de Galicia.

Comparte...