A Asociación Apícola Galega móvese contra a avespa asiática, ameaza para o mel de Galicia

A Asociación Apícola Galega móvese contra a avespa asiática, ameaza para o mel de Galicia

Santiago acollerá en outubro o VII Congreso Apícola Hispánico, cita arredor do mel

O sector galego do mel conta dende o 2012 cun novo inimigo que ataca as abellas: a Vespa Velutina Nigrotorax, ou avespa asiática. Dende aquela entrou dende a costa e xa ataca as abellas de toda Galicia, especialmente na Mariña Lucense, parte da Coruña e no Baixo Miño. Esta avespa ten preferencia pola captura de abellas, xa que o 80% da alimentación das súas crías é o tórax das abellas, pero tamén ataca á froita no verán e no outono.

Asociación Apícola Galega alerta sobre esta situación e propón unha xeira de xuntanzas entre abelleiros, e abertas a todo o público, para compartiren experiencias e procurar solucións; tamén procura a implicación da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta.

A asociación de apicultores tamén sinala que no VII Congreso Apícola Hispánico, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro en Santiago de Compostela haberá unha sesión especial adicada a vespa velutina con expertos da cornisa cantábrica, Galicia e de Francia, onde xa leva algúns anos presente.

Para máis información sobre esta temática ou outras relacionadas co mel, pódese contactar coa Asociación Apícola Galega.

Comparte...