Arzúa vive o 1 de febreiro o Día do Apicultor, organizado pola Asociación Galega de Apicultura

Arzúa vive o 1 de febreiro o Día do Apicultor, organizado pola Asociación Galega de Apicultura

A Asociación Galega de Apicultura organiza esta cita arredor do mel

A vila de Arzúa celebra o vindeiro 1 de febreiro o Día do Apicultor, organizado dende a Asociación Galega de Apicultura. A cita é aberta a todos os interesados e daranse cita apicultores e apicultoras de toda Galicia no Centro do Queixo e Mel da vila e na Asociación de Veciños de Santa María ás portas dunha nova campaña.

Pola mañá, a asociación dará a coñecer o seu programa para o 2015, ademais de informar sobre o plan de control da Vespa Velutina ou a promoción a través da marca colectiva de AGA Das Miñas Colmeas. Xa pola tarde haberá distintos obradoiros prácticos. Durante toda a xornada facilitarase a realización de trámites, compra de materiais…

Programa:

Pola mañá, no salón de actos da Asociación de Veciños de Santa María:

Ás 11 horas
– Presentación do programa de AGA 2015, por Suso Asorey
– Axudas do PLAN APICOLA 2015, por Gonzalo Calvo
– Apiturismo: Viaxe a Eslovenia, por Paula Souto
– Campaña de promoción DAS MIÑAS COLMEAS, por Isabel Sanjurjo

Ás 12 horas – Proxección do audiovisual sobre a Vespa Velutina e mesa redonda coa participación de Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, e as delegacións de AGA nas comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal.

Ás 13 horas – Asemblea xeral de AGA

Pola tarde, na nave de Erica Mel e no Centro do Queixo e do Mel:

Ás 16 horas
– Obradoiro de Xestión do apiario por medio das novas tecnoloxías e sistema antirroubo. Por Mellarius (Portugal) na Biblioteca do Centro do Queixo e do Mel

– Obradoiro de estampación de cera, por Paco Graña. Na nave de Erica Mel

– Obradoiro de encerar cadros de plástico, por Ricardo Mosquera. Na nave de Erica Mel

Durante todo o día, na nave de Erica Mel haberá feira de materiais apícolas e meles

Ás 18 horas – Clausura.

Comparte...