MÁIS DE MIL PERSOAS LEVAN XA A RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS NO SEU MÓBIL

MÁIS DE MIL PERSOAS LEVAN XA A RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS NO SEU MÓBIL

A aplicación móbil da Ruta do Viño Rías Baixas superou o millar de descargas.

A aplicación está dispoñible para Android e iPhone, e pode descargarse gratuitamente en www.rutadelvinoriasbaixas.com/apps.html ou en Google Play e Apple Store, e conta con versión en Inglés e Español.

A través dela chégase a información sobre as adegas, restaurantes, aloxamentos e demais establecementos adheridos á Ruta do Viño, con imaxes, datos de contacto e os itinerarios máis cómodos para ires a cada punto.

Os usuarios non só poden consultar as propostas da Ruta, senón que dispoñen de información detallada sobre os recursos turísticos de cada zona, así como información actualizada sobre as actividades e eventos que ten lugar no territorio.

Comparte...