Árbore da Veira (A Coruña) nova Estrela Michelin

Árbore da Veira (A Coruña) nova Estrela Michelin

Galicia continúa tendo once estrelas Michelín na guía do 2014, coa incorporación á lista de Árbore da Veira (A Coruña) do cociñeiro Luís Veira, e a baixa de Casa Marcelo por mor do seu cambio de orientación.

Luís Veira xa sabía o que é gañar unha estrela, pois a obtivo para o restaurante Alborada, tamén coruñés. “Pero esta faime máis ilusión” indicou Veira a BenBo mentres a celebraba co resto do seu equipo aproveitando que a noite do mércores o restaurante permanece pechado. “Estamos a darnos uns bicos e uns abrazos para celebralo”, dixo.

A noticia da concesión da estrela sorprendeu a Luís Veira regresando de París, onde onte realizou un show cooking para Saborea España en compañía de José Félix Rodríguez e Raúl Martínez (La Galería, Logroño) e José de Andrés (La Vertical, Valencia).

Veira non prevé cambios no seu traballo provocados pola distinción. “Mañá seguiremos traballando igual que hoxe, coa mesma ilusión”, indica. “Pero hoxe ímolo a celebrar ben celebrado”.

A lista de restaurantes galegos distinguidos é a seguinte Árbore da Veira (A Coruña), Culler de Pau (O Grove), Alborada (A Coruña), A Estación (Cambre), As Garzas (Malpica), O Retiro da Costiña (Santa Comba), Yayo Daporta (Cambados), Casa Solla (Poio), Pepe Vieira (Pontevedra), Silabario (Tui) y Maruja Limón (Vigo).

Más: Breve historia das estrelas Michelín en Galicia

Luis Veira (izquierda) con sus compañeros de show cooking en París

Comparte...