Arte en vivo en ‘Espacio Mahou’ co pintor coruñés Edu Albo

Arte en vivo en ‘Espacio Mahou’ co pintor coruñés Edu Albo

O pintor coruñés Edu Albo creará unha das súas obras en directo ante todo o público que se achegue ata Espacio Mahou Coruña. Será o protagonista da terceira sesión de ‘Arte en vivo’ e pintará no exterior do edificio, mañá sábado 8 de xullo a partir das 20:00 horas, un cadro inspirado na gastronomía. Edu Albo, que reside e ten o seu estudio na Coruña, define o seu estilo como ‘realismo conceptual’ e afirma que toda a súa obra “se centra en pintar honesta e sinceiramente o interior da miña alma”.

AXENDA DE ESPACIO MAHOU CORUÑA PARA A PRÓXIMA SEMANA

Luns, 10 de Xullo – Cursos de tiraxe de cervexa. Na Planta de Sabor ás 13:00, ás 14:15, ás 18:30, ás 19:45 e ás 21:00 horas.

Martes, 11 de xullo – Cursos de tiraxe de cervexa. Na Planta de Sabor ás 13:00, ás 14:15, ás 18:30, ás 19:45 e ás 21:00 horas.

Mércores, 12 de xullo – ‘Cociñeiros Mahou’. Masterclass do chef Juan Crujeiras, do restaurante coruñés Bido. Na Planta de Sabor a partir das 12:30 horas.

Xoves, 13 de xullo – ‘Diálogos entre Mestres’ con Javier Veiga. Na Planta de Ocio e Música en dous pases, ás 21:00 e ás 22:00 horas.

Venres, 14 de xullo – ‘Encontros Musicais’. Na Planta de Ocio e Música en dous pases, ás 21:00 e ás 22:00 horas. A identidade do artista invitado desvelarase a través das redes sociais e na web de Espacio Mahou Coruña o martes 27.

Sábado, 15 de xullo – Arte en vivo co pintor e muralista coruñés Óscar Cabana. No exterior de Espacio Mahou Coruña a partir das 20:00 horas.

Domingo, 16 de xullo – Clausura de Espacio Mahou Coruña. Showcooking do chef Kike Piñeiro, do restaurante compostelán A Horta do Obradoiro. Sesión amenizada polo DJ Edu Romero de 13:00 a 16:00 horas. Mercado de deseño e novos creadores: catro novas firmas coruñesas instalan o seu posto na primeira planta de Espacio Mahou Coruña. As marcas que poderemos encontrar entre o 7 e o 16 de xullo son as seguintes:

– ANAQUIÑOS DE PAPEL: Elementos decorativos, artesanais e personalizados; empregando o papel como materia prima.

– THE FIGBEES: Bolsos confeccionados manualmente con detalles de estilo bohemio e delicado, obxectos únicos, especiais e en edicións limitadas.

– CRU E UN: Obxectos cotiás en materiais crus nos que se mostra o deseño ao desnudo.

– LA URBANA: Accesorios para o motociclista con estilo cafe racer, scrambler, retro.

Comparte...