Artesanía e Gastronomía, en Agolada co II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Artesanía e Gastronomía, en Agolada co II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Artesanía, gastronomía e produtos tradicionais galegos danse a man esta fin de semana no concello de Agoladacoa celebración do II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.

O seu programa é ben amplo e contará con produtores e numerosas denominacións e indicacións, como Mel de Galicia, Ribeira Sacra, queixo Arzúa Ulloa ou os Augardentes e Licores Tradicionais .Tampouco faltarán relatorios, degustación e venda de produtos gastronómicos, obradoiros e mesmo showcooking.

A cita abrangue o 5, 6 e 7 de xullo, en Os Pendellos – Agolada, con horario de 11:00 a 20:30.

Extracto do programa

VENRES 5 de xullo
11:00 Apertura do II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.
12:00 Cata de queixos C.R.D.O.P Arzúa-Ulloa. Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR
12:00 Presentación Regal Gourmet a cargo de Alfonso Otero Regal e Manolo Gómez.
ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
13:30 Cata de viño da D.O. Ribeira Sacra. Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR
16:00 Cata de Mel da I.X.P. Mel de Galicia. Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR
18:00 Cata de Aguardentes e Licores Tradicionais. Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR

SÁBADO 6 de xullo
12:00 Presentación da 6ª Edición da guía anual galega de hostalaría + RBC
A cargo de Alfredo Caneda do grupo+galicia
O PALADAR
14:00 Atenta Cociña: Xantar_Tradición e Modernidade por Abastos 2.0
Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR
20:00 MerendCea vista por Abastos 2.0. Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR

DOMINGO 8 de xullo

13:30 Showcooking a cargo de Héctor López. Restaurante España.
Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR
15:00 Showcooking a cargo de Héctor López. Restaurante España.
Inscrición no tfno. 881999173.
O PALADAR

Programa II Encontro de Artesanía de Galicia

Comparte...