“Queixo pop”, gañador do concurso de pinchos e tapas con queixo Arzúa-Ulloa

“Queixo pop”, gañador do concurso de pinchos e tapas con queixo Arzúa-Ulloa

O pincho “Queixo pop”, da cafetería Ultreia, foi o gañador do concurso de pinchos e tapas con queixo que a denominación de orixe Arzúa-Ulloa organizou con motivo da Festa do Queixo, que se celebra en Arzúa.

A tapa gañadora foi unha albóndega de carne reenchida de queixo e fritida cun rebozado de cereais. Xa na edición de 2010 Ultreia se proclamara gañadora do concurso, cunha tapa denominada “Saquiños peregrinos”.

Na presente edición o segundo premio correspondeu a “Enguedéllate co queixo”, da pizzería o Rueiro, un roliño de masa de pataca e fariña recheo de queixo, lacón e piñóns e servido con salsa de queixo.

O terceiro premio foi para o “Bombonazo” da parrillada Os Casqueiros, uns bombóns de chocolate e queixo de Arzúa-Ulloa.

No concurso tomaron parte vinte establecementos da vila, que ofreceron tapas e pinchos elaborados con queixo cedido gratuitamente polo consello regulador da D.O. Arzúa-Ulloa.

Comparte...