“AS LAMBETADAS DE LARPEIROS”, LIBRO DE REPOSTARÍA CON MERCHI RODAL

“AS LAMBETADAS DE LARPEIROS”, LIBRO DE REPOSTARÍA CON MERCHI RODAL

Merchi Rodal, a reposteira canguesa do exitoso programa Larpeiros da Televisión de Galicia, súmase á biblioteca de libros de receitas saídas dese espazo televisivo con “As lambetadas de Larpeiros” (editorial Galaxia).

En As lambetadas de Larpeiros poden atoparse máis de setenta receitas de sobremesas tradicionais, xuntando os clásicos galegos (roscóns, filloas, biscoitos…) con outras elaboracións cun toque máis persoal.

Merchi Rodal apunta: “Quixen facer un libro no que todas as receitas resultaran fáciles e divertidas de facer na casa, cunha inspiración clara na repostería popular de Galicia, pero tamén aportando ideas e pequenos trucos para facelas aínda máis atractivas. Estou  moi contenta de xuntar no libro receitas moi  tradicionais e outras que nas que puxen algo de inventiva propia.  E todas poden facerse sen  necesidade de ingredientes difíciles de atopar, simplemente usando ese  molde que todos temos na  casa, unha  cunca e unha  culler”.

O traballo fotográfico en “As lambetadas de Larpeiros” corresponde ao colectivo Nyxstyle.

Comparte...