A Asociación Galega de Apicultura adica o Día do Apicultor á loita contra a Vespa velutina

A Asociación Galega de Apicultura adica o Día do Apicultor á loita contra a Vespa velutina

Galicia, Cornixa Cantábrica e Francia: Territorios colonizados pola vespa velutina, convidados ó Día do Apicultor

A Asociación Galega de Apicultura adica este ano o Día do Apicultor á loita contra a Vespa velutina nos diferentes territorios que ata agora foron colonizados polo tártago asiático.

Durante a xornada, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de febreiro en Arzúa, representantes de diferentes territorios afectados: Francia, Cantabria, Asturias e Galicia, expoñerán a súa situación e experiencias, co obxectivo de colaborar na búsqueda de solucións.

A loita contra a velutina en Francia, Cornixa Cantábrica e Galicia

A Vespa velutina supón na actualidade a peor ameaza para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego, norte da Península Ibérica e Francia. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor.

Para isto, expoñerase a experiencia de Francia, país que leva xa 13 anos de percorrido nesta loita, coa información recollida pola UNAF Unión Nacional de Apicultura Francesa.

Dende a Cornixa Cantábrica acudirán representantes das recén creadas Plataformas Stop Velutina Asturias e Cantabria, que relatarán cales son as súas reivindicacións e os resultados obtidos ata o momento.

E dende Galicia expoñerán a situación no noso país a Asociación Galega de Apicultura, coa súa proposta de loita para este ano, e a Plataforma Stop Velutina Galicia, que explicará o traballo desenvolto e as expectativas de futuro.

 

PROGRAMA

Palestras – Sesión de mañá

– De 10 a 10.15 h. Presentación da xornada e plan de loita contra a Vespa velutina de AGA.

– De 10.15 a 11.15 h. Loita contra a Vespa velutina en Francia.

– De 11.30 a 12.00 h. Percorrido da Plataforma STOP Velutina -Galicia, traballo e expectativas.

– De 12.00 a 12.45 h. Plataformas Stop Velutina Asturias e Cantabria.

Ás 13 h. Asemblea Xeral de AGA

 

Xantar abelleiro na Pulpeira de Santa María.

 

Palestras – Sesión de tarde

– Ás 16.30 h. Escola Galega de Apicultura e programa formación AGA 2018. Paula Souto, técnica de AGA.

– Ás 16.45 h. Plan Apícola 2018. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.

– Ás 17 h. A eficacia da trampa eléctrica contra a Vespa velutina. Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo

– Ás 17.30 h. Presentación diferentes modelos trampas e dispositivos alimentación.

 

Durante todo o día:

Feira de material apícola (na nave de Erica Mel). Coa participación de: Erica Mel, Macmel, Lyson, Apícola Carballal, Angel Romero, Anel, Hayedo – Laboratorios Calier, Rucamanqui – Santamix Ibérica e Celso Cadahía.

Exposición de  trampas eléctricas contra a velutina (no Centro do Queixo e do Mel).

Espazo infantil (no Centro do Queixo e do Mel): Actividades para cativos e cativas

 

Ás 18 h. Peche instalacións

Comparte...