Atlante Wine Fórum, a feira internacional dos viños Atlánticos en Vigo

Atlante Wine Fórum, a feira internacional dos viños Atlánticos en Vigo

O vindeiro luns 17 de abril terá lugar a terceira edición de Atlante Wine Fórum, o evento internacional dos Viños Atlánticos en Vigo. As prazas son limitadas e os interesados poden reservar as súas prazas aquí.

Nesta edición poderase contrastar a visión dos viños españois desde ambos os dous lados do océano, con ponentes provintes de Nova York, Reino Unido, Arxentina, Holanda ou Portugal:

  • Laura Rhys: Master Sommelier r membro do tribunal de Masters Sommeliers.
  • Cees Van Casteren Master of Wine: consultor, escritor de viño e xornalista especializado.
  • Paz Levinson: En 2010 e 2014 foi elixida Mellor Sommelier de Arxentina. Mellor sommelier de América en 2015.
  • Dirk Niepoort: director da bodega Niepoort, embaixador dos viños de Oporto e de Portugal en todo o mundo.
  • Rita Soares: propietaria de Quinta da Malhadinha, un espazo enoturístico único no Alentejo.
  • Guillermo Cruz: en 2014 foi premiado como mellor sumiller de España. É sumiller en Mugaritz.
  • Angélica Intrago y Verónica Stoler: directora e xerente de Despaña Marca Foods en Nova York, a “embaixada” dos viños españois en Manhattan.

Atlante Wine Forum é unha xornada de encontro, de formación e de trabajo conxunto dos profesionales do mundo do viño que desenvolverán a súa actividade no noroeste de España e no norte de Portugal. Ao longo dun día, viticultores, bodegueiros, enólogos, sumilleres, barmen, distribuidores e empresarios do sector do enoturismo daranse cita para debatir e para estudiar de forma conxunta sobre os retos e as posibilidades do mundo do viño.

Na feria ATLANTE WF que se celebrará en Vigo danse cita profesionais de todos os ámbitos do ciclo de vida do viño, desde o seu coidado na viña, ata a mesa do restaurante, pasando polo turismo e o comercio. Trátase dunha grande oportunidade para poder contactar con persoas e con empresas coas que colaborar nun futuro.

Comparte...