Atlante Wine Forum, cita internacional organizada polo Instituto Galego do Viño

Atlante Wine Forum, cita internacional organizada polo Instituto Galego do Viño

O evento internacional de viños será en Vigo o 23 de febreiro

O Atlante Wine Forum é unha xornada de traballo e formación organizada polo Instituto Galego do Viño que está dirixida aos profesionais do sector vitivinícola do noroeste de España e norte de Portugal. A cita será o próximo día 23 de febreiro na sede de Afundación, en Vigo.

O ex xefe de sala do restaurante The Fat Duck, Dimitris Leivadas; o Máster of Wine Peter Richards; o especialista en chans Claude Bourguignon; o xefe de sumilleres de El bulli, Ferrán Centelles; e o ‘Head Batender’ Marc Álvarez serán algúns do seu cadro internacional de relatores.

Tamén participarán nesta iniciativa o director xeral da Fundación Observatorio Español do Mercado do Viño e xerente da Fundación para a Cultura do Viño, Rafael del Rey; o xornalista e analista de tendencias en turismo, Fernando Gallardo; a xornalista especializada en viño, Cristina Alcalá; e o enxeñeiro xefe do servizo de Fitopatoloxía da  Deputación de Pontevedra, Pedro Mansilla.

En palabras de Xoán Cannas: “Trátase de ofrecer unha visión internacional cun ambiente académico e de compartir con todos os participantes da cadea experiencias e liñas novas para o sector do viño”.

A información para a cita está dispoñible en www.atlantewineforum.com. As entradas para o Atlante Wine Forum están á venda a través de www.servinova. com a un prezo de 150 euros en caso de inscricións individuais e a 135 euros para os grupos de tres ou máis persoas.

Entidades como a D.O. Ribeiro, Turismo Rías Baixas, Galicia Calidade ou a Deputación de Pontevedra apoian esta cita.

Comparte...