Debullando a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Debullando a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia entregou os premios anuais HG&T-AGAXET no Teatro Principal de Pontevedra, no marco dun serán que reuniu numerosos profesionais do sector.

A reunión comezou coa entrega de premios do XV Campionato Galego de Sumilleres de AGASU Asociación Galega de Sumilleres. Tyalis Veiga foi campión, Nacho Costoya subcampión e Daniel MarínEduardo Camiña ocuparon a terceira posición.

Despois pasouse á entrega de premios. Na categoría de Bebidas do ano, os finalistas foron: Vía Romana Barrica, Sidra Ribela e o Tostado do Ribeiro Alma de Reboreda; o primeiro galardón recaeu en Vía Romana Barrica.

O lacón con grelos en lata de Embutidos Lalinense gañou o premio Bocados do Ano, os outros nomeados foron Queixo Santo André (IXP Cebreiro) e Conservas Daporta

maitre estradense Nacho Costoya mereceu o premio ao mellor profesional do ano, categoría na que tamén estaban nomeados Iago Castrillón (Acio, Santiago) e Carlos Parra de La Estación de Baños de Molgás.

O Tour operador Mas Costas Galicia & Portugal impúxose entre os Proxectos e Iniciativas Empresariais, os outros finalistas foron Resort Las Sirenas (Viveiro) e o Grupo Don Pepe (Vigo)

Dentro de Acervo Patrimonial destacouse ao Monte Santa Trega (A Garda). Xunto ao destino baixomiñoto nomeouse á Drogaría Moderna (Pontevedra) e o Museo Etnográfico de Quiroga.

Como mellor Promoción Intersectorial houbo empate entre a Feira doViño do Ribeiro e a Festa do Marisco do Grove. A Real Abadía de Samos e Unipublic, organizadora da Volta Ciclista a España, tamén mereceron o prego de finalistas.

Proxecto Inter Gal-Eno impúxose en I+D e Formación. Os outros nomeados foron Innolat e José Vicente Gómez.

Grupo Migan recibiu o galardón que recoñece ás mellores Empresas de equipamentos e subministracións, o outro finalista foi Disgobe.

José Rigaborda e Cocineros sin Estrella gañou na categoría de Imaxe e Divulgación. Xunto a este programa de televisión estaban nomeados Fausto Galdo por Abecedario de Mantenzas e Francisco Gil por Gastronomía e Artesanía de Galicia e Norte de Portugal

A continuación chegaron os premios especiais, que recaeron en  Jóvenes Restauradores de España e na Irmandade dos Viños Galegos, na lembranza de Pepe Posada. O galardón aos Jóvenes Restauradores recolleuno o lucense Mesón de Alberto para, a continuación, dar paso á cor que puxeron un bo grupo de irmandiños cos seus uniformes.

Comparte...