Balance do Vinis Terrae, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade,

Balance do Vinis Terrae, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade,

Vinis Terraeo Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, foi un ano máis a cita profesional do sector en Ourense, especialmente pensada para aquelas adegas pequenas e medianas que teñen máis complicada a súa comercialización e internacionalización. Esta edición do 2013 apostou por introducir un túnel do viño e conferencias, ademais de polo seu marcado carácter profesional para abrir portas ao viño gallego.

Dende a organización apúntase que nos seus dous días de actividade tiveron lugar máis de 500 citas de negocio con importadores dunha quincena de países e con compradores españois. En total, o salón recibiu a visita de máis de 500 profesionais do sector.

Un deles, Bruno Murciano, importador chegado do Reino Unido, destacaba que “Galicia ten todas as vantaxes para posicionarse no mercado estranxeiro dentro do segmento da calidade. Hoxe en día hai viños bos e despois hai viños baratos. Galicia ten que posicionarse nos primeiros e competir en calidade, non en prezo, xa que as condicións de produción a pequena escala non o permiten”,

Murciano tamén apuntou na súa intervención que “aínda que o albariño é a variedade autóctona galega máis demandada no Reino Unido, outras como o godello están a abrirse paso con forza”.

I Concurso de Cartas de Viños

Unha das novidades deste Vinis Terrae 2013 foi o I Concurso de Cartas de Viños, coordinado pola presidenta da Asociación Galega de Sumilleres-Gallaecia, Mercedes González. Os galardoados foron:

– Mellor Carta de Viños: Restaurante Acio (Santiago de Compostela).

– Mellor Carta de Viños Galegos: Nova Restaurante (Ourense).

– Mellor Carta de Viños da D.O. Monterrei: Casa de Viños Montecarlo (A Coruña).

– Mellor Carta de Viños da D.O. Valdeorras: Casa de Viños Montecarlo (A Coruña).

– Mellor Carta de Viños da D.O. Ribeira Sacra: Restaurante O Grelo (Monforte de Lemos – Lugo).

– Mellor Carta de Viños da D.O. Ribeiro: Restaurante A Taberna (Ourense).

– Mellor Carta de Viños da D.O. Rías Baixas: Taberna El Cabás (Ribadeo – Lugo).

– Mellor Carta de Licores e Augardentes: Taberna El Cabás (Ribadeo – Lugo).

Cata de RadioTurismo e Aulincat

O salón Vinis Terrae en Expourense tamén acolleu a terceira cata organizada por Radioturismo e a Aula Internacional de Catadores, AULINCAT. Os gañadores foron os seguintes…

Viños brancos

-Medalla de ouro: Colección Costeira Treixadura 2012 – Adega ViñaCosteira (D.O. Ribeiro)

– Medalla de prata: Val de Nairoa 2011 – Adegas Nairoa (D.O.Ribeiro).

– Medallas de bronce: Joaquín Rebolledo Godello 2012 – Joaquín Rebolledo (D.O. Valdeorras) / Moraima 2011 – Adega Cooperativa Moraima (D. O. Rías Baixas) / Alan de Val Pedrazais. Godello sobre lías 2012 – Adega Alan de Val (D.O. Valdeorras).

Viños tintos

– Medalla de ouro: Preto de Leive. Produción Ecolóxica – Adegas Aurea Lux (D.O. Ribeiro).

– Medalla de Prata: Pagos de Galir Selección Rosa Rivero 2009 – Adega Virxe de Galir (D.O. Valdeorras).

– Medalla de Bronce: Viña Ribada 2012 – Adega Ribada (D.O. Ribeira Sacra).

Licores

– Medalla de ouro: Devanceiros – Novalicor (D. X. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia).

Medallas honoríficas

Tamén houbo dúas medallas de ouro honoríficas. Unha para o Consello Regulador da D.O. Ribeiro, pola súa aposta pola internacionalización e a innovación, e a outra ao delegado de Defensa en Ourense, Ramón Rey Vich.

Comparte...