O curso de barman profesional do Instituto Galego do Viño preséntase con padriños de excepción

O curso de barman profesional do Instituto Galego do Viño preséntase con padriños de excepción

Marc Álvarez, Head Bartender dos locais dos irmáns Adriá, e Diego Mosquera, vicepresidente da Asociación Galega de Barmen, estiveron na presentación dun curso que se inicia o luns 2 de febreiro

O Curso de Especialización en Camareiro Profesional organizado polo Instituto Galego do Viño comezará o luns 2 de febreiro na Cidade da Cultura.

O xerente do INGAVI, Jorge Vila, explicou que esta semana saberase quen son os seus alumnos pero xa tivo lugar a súa primeira actividade, un relatorio inaugural a cargo de Marc Álvarez sobre “O viño na coctelería do século XXI”. Álvarez é Head Bartender responsable das barras de todos os locais que conforman o grupo BCN 5.0 de Ferrán Adriá e do seu irmán Albert. Esa conferencia enmarcouse no marco do Atlante Wine Forum.

O vicepresidente da Asociación Galega de Barmen, Diego Mosquera, tamén gabou o curso formativo. Ademais dos citados, no seu cadro de profesores están autoridades e profesionais como o mellor camareiro do ano FIBAR 2014, Alberto Pizarro; Miguel Pérez, premiado na categoría de mellor menú de coctelería do ano FIBAR 2014; o brand ambasador en coctelería para Perrier, Javier Caballero; o creador do Bar Mutis, Joao Eusebio; ou o director de Restauración do Casino da Toxa, José Soto.

O Curso de Especialización de Camareiro Profesional durará 145 horas lectivas, entre contidos teóricos, que se desenvolverán os luns na Cidade dá Cultura, e as sesións prácticas.

Comparte...