Las barricas ovoides de Anforum producirán vino en bodegas de Familia Torres

A firma galega Ánforum e Familia Torres colaboran para producir o primeiro viño en barrica de granito

Ánforum, a empresa galega que elabora barricas de granito, presenta o acordo de colaboración co seu primeiro cliente: as adegas Familia Torres. Estes recipientes posúen un deseño ovoide, que segundo os promotores,  fai que o viño se almacene “nun depósito nun continuo movemento natural, no canto de mecánico, achegando beneficios moi concretos á hora de fermentar e envellecer”.
A nova adega da Familia Torres, situada no pazo Torre Penelas, na comarca do Salnés, probará nesta ocasión as barricas coa característica crianza sobre leas finas. O líquido, ao circular en espiral, provoca que as leas estean en suspensión todo o tempo e non poidan depositarse na base. O resultado final é unha microoxigenación compensada, que evita a aparición de aromas azufrados e a oxidación do viño, segundo Ánforum. “O sabor é diferente. Enxálzase en valor do viño, dando lugar elaboracións máis salinas e untuosas ”, destacan.
Coas barricas de granito, a empresa con sede aposta pola xeoloxía galega unida a un deseño que xa está patentado.  Unha iniciativa pioneira que se fixo oficial en novembro de 2017, froito da colaboración entre EPETRUM, Adegas Santiago Roma e Cayetano Otero Asesoría Enólógica. Esta aposta busca xerar un escenario diferente que permitirá testar produtos que, segundo os seus promotores, “modificarán o terreo vitivinícola”.

 

Comparte...