Galicia protagonizará varios talleres en no Basque Culinary Center

Galicia protagonizará varios talleres en no Basque Culinary Center

Pepe Solla, Xabier Olleros e Xosé Cannas participarán en tres talleres do Basque Culinary Center nos que se falará sobre gastronomía galega e no que os cociñeiros pontevedreses realizarán senllos show cookings seguidos de comida.

Tamén haberá sesións para falar de viños, produtos galegos e da nosa cultura gastronómica, estando confirmada a participación de José María Fonseca (Terras Gauda) e Miguel Vila (BenBo).

O próximo mércores o BCC realizará unha presentación do seu proxecto e programas académicos en Casa Solla, onde tamén se dará a coñecer a participación galega no presente curso lectivo en que a nosa comunidade estará moi presente, especialmente da man do chef e profesor Mikel Ceberio. Está é a primeira dunha serie de presentacións que o BCC realizará por toda España.

Comparte...