Beatriz Sotelo e Eva Pizarro, representantes galegas no I Congreso Nacional Muller Gastronómica

Beatriz Sotelo e Eva Pizarro, representantes galegas no I Congreso Nacional Muller Gastronómica

A Facultade de Filosofía e Letras de Córdoba acollerá o I Congreso Nacional Muller Gastronómica que se desenvolverá entre o 23 e 24 de febreiro de 2015, co obxectivo de coñecer o traballo que está a desenvolver a muller dentro da gastronomía, dende a orixe ata a comunicación pasando pola investigación, a xestión ou a mercadotecnia.

A cociñeira galega Beatriz Sotelo de A Estación en Cambre, Estrela Michelin e recén galardoada con un Sol Repsol, será a muller que representará a cociña galega neste encontro, que reunirá un bo número de profesionais do sector como Celia Jiménez, xefe de cociña cordobés, Ana Acín (presidenta de JRE-España e propietaria de Venta del Sotón cun Sol Repsol), Macarena de Castro (Restaurante Jardín. Unha Estrela Michelin. Un Sol Repsol), Mª José San Román (Restaurante Monastrell. Unha Estrela Michelin. Un Sol Repsol), Aizpea Oihaneder (Xarma. San Sebastián. Un Sol Repsol), Yolanda León (Cocinandos. León. Unha Estrela Michelin. Un Sol Repsol) ou a gañadora de TopChef 2013, Begoña Rodrigo (La Salita. Valencia. Un Sol Repsol).

No mundo da sala será Eva Pizarro (Acio. Santiago. Dous Soles Repsol) a embaixadora galega, e estará acompañada por Silvia Castelló (Nou Manolín. Alicante. Dous Soles Repsol) ou Pilar Cavero (exsumiller Can Roca e premio Mellor Sumiller de España 2013).

Organizado por Al-Salmorejo e a chef Celia Jiménez, este novidoso congreso conta coa colaboración da Academia Andaluza de Gastronomía e Turismo, Jeune Restaurateurs d´Europe-España e a Universidade de Córdoba, así como o Concello de Córdoba, a Deputación Provincial e a Consellaría de Turismo e Comercio da Xunta de Andalucía.

Comparte...