A revista BenBo, tamén en edición dixital

A revista BenBo, tamén en edición dixital

Ademais da edición en papel á que se pode acceder por subscrición ou adquirindo números soltos, o número 1 da revista BenBo está tamén dispoñible en edición dixital, que podes adquirir desde a nosa web.

Para mercala deberás rexistrarche en MeuBook, empresa galega dedica á venda de publicacións dixitais, e que che ofrece a posibilidade do pago con tarxeta ou a través de PayPal. Se é a primeira vez recomendámosche ler as instrucións que aparecen na páxina de compra.

Para poder acceder a BenBo dixital necesitarás instalar no teu computador o programa Adobe Dixital Editions Home (no caso de que non estea xa instalado) e crear unha ID para o mesmo. É un proceso rápido, pero se o fas antes de descargar o primeiro número de BenBo o acceso á revista resultarache máis fácil, rápido e pracenteiro.

No caso de que queiras descargar a revista nun iPad o software a utilizar será BlueFire.

Para a primeira compra recomendámosche a seguinte secuencia de actuacións:

1.- Rexístrate en  MeuBook

2.- Descarga o software ( Adobe Dixital Editions Home ou BlueFire) e crea a túa ID

3.- Compra o teu exemplar de BenBo.

4.- Goza de Benbo desde a primeira á última páxina

5.- Recomenda aos teus amigos que compren BenBo. Meréceno!

Comparte...