O equipo da revista Benbo, premio xornalístico Galo de Curral 2017

O equipo da revista Benbo, premio xornalístico Galo de Curral 2017

A revista Benbo recibiu un dos tres galardóns que anualmente outorga o xurado dos Premios de Gastronomía, Cultura-Deporte e Xornalismo Gastronómico Galo de Curral, en Vila de Cruces. A revista, que dirixe o xonalista Miguel Vila, foi merecedora desta distinción pola difusión que realiza da gastronomía galega, en xeral, e da festa cruceña, en concreto. De feito, nun dos números da publicación, a Revista de Gastronomía Atlántica Benbo, aparece unha reportaxe sobre a Galiña de Mos e a Galiña Piñeira. Miguel Vila é coñecedor do bo traballo que realizan os criadores de galo en Cruces e non dubida en afirmar que se trata dun produto de alta cociña. Os premios entregaranse na XXIV Festa do Galo de Curral, o día 28.

A gran vinculación entre Miguel Vila e a gastronomía galega vén de lonxe. Para el, este galardón supón unha gran satisfacción profesional e persoal porque serve para poñer en valor o trabajo que desde a revista se realiza para apoiar o sector. Vila quere agradecer este premio a todos os colaboradores que fan posible que a revista sexa unha realidade. É consciente do gran esforzo que realizan en cada número para ensalzar a gastronomía de Galicia ofrecendo ao público reportaxes, entrevistas e novas nas que priman a profesionalidade e o amor pola labor xornalística xunto co respecto e o coñecemento por Galicia e o seu altísimo valor gastronómico.

Outros premios

Ademais do galardón xornalístico, o xurado entregou outro premio no apartado de Gastronomía. Neste caso, o galardón recaeu no restaurante Casa Solla, que rexenta desde 2001 o cociñeiro Pepe Solla, pola súa aposta polo produto local e unha carta na que o galo de curral e os ovos das gallinas de Mos son parte da súa cociña.

Na categoría de Cultura e Deporte, o premio foi para Judit Varela Penas. A moza, que actualmente ten 18 anos, leva desde 2012 na loita libre a través do Clube Keltoi. O xurado tivo en conta á hora de darlle o premio a repercusión da súa actividade dentro e fóra do municipio e por ter participado en competicións a escala nacional e internacional.

Comparte...