Boaga foi gañadora da 41ª edición dos Premios da Crítica de Galicia

Boaga obtén o Premio de Cultura Gastronómica no certame dos Premios da Crítica de Galicia

 

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) deu en gañar o Premio de Cultura Gastronómica. Foi na 41ª edición dos Premios da Crítica de Galicia o sábado 3 de novembro. Con “ESPIGAR” como lema, 340 persoas de diversos ámbitos asistiron ao certame celebrado no Hotel Os Escudos da cidade de Vigo. O galardón é digno e merecido, posto que Boaga conta cunha diversa riqueza de razas gandeiras. Dende os seus comezos no ano 2001 Boaga fai especial fincapé na conservación de razas autóctonas en perigo de extinción.

Entre os compoñentes do xurado da presente edición atopábase María Mosquera Leal, redactora deste medio. Tamén coincidiu con ela o gañador da edición pasada, Alberto González Prelcic, cociñeiro e voz do Grupo Nove; Manuel Hermo Piñeiro, profesor da popular escola de Hostelalaría de Pontevedra e Alejandro Rubín Carballo, director de Expourense. No terreo da comunicación, estivo presente Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista da Televisión de Galicia e Taciana Díaz Mariño, tamén periodista. Luís Marconi Suárez, representante da APCG declarou finalistas a Boaga, Terras da Mariña, Sociedade Cooperativa Galega e Mexillón de Galicia D. Orixe Protexida.

Os avaliadores destacaron que todas as propostas presentadas son proba da riqueza e a innovación. Recalcaron que representan un compromiso e poñen en relevo a personalidade da gastronomía galega. O produto é o protagonista de todas as opcións preferentes. O xurado coincidiu en valorizar todo o proceso, que pasa pola produción, onde sobresae o persoal feminino, ata o traballo final. Ademais, Boaga enfócase na recuperación e a preservación de especies e produtos autóctonos.

Boaga, esencial para a identidade gastronómica galega

O xurado decidiu premiar á Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). Tiveron en conta que asenta poboación no rural, especialmente contratando mozas e mozas no sector gandeiro. Valoraron asemade positivamente o alcance do seu impacto, que abrangue toda Galicia, así como tamén o coidado do medio ambiente, ao tempo que fan chegar o produto aos mercados máis distinguidos.

Comparte...