Bocadillos de alta cociña con espírito galego no I Festival do Bocadillo Gourmet

Bocadillos de alta cociña con espírito galego no I Festival do Bocadillo Gourmet

O chef de Alborada e Alabaster, Iván Domínguez, protagonizará un showcooking de bocadillos de alta cociña no Boucatise, o I Festival do Bocadillo Gourmet que se celebra o sábado 5 de decembro na Coruña no Mercado de San Agustín.
Este festival levará a cociña galega de alto nivel a pé de rúa, coas propostas de gastronomía urbana elaboradas por Iván Domínguez, que presentará un showcooking a partir das 11,30h baixo a lema “Bocadillos con espírito de Galicia” e no que participarán 20 persoas con entrada gratuíta. Xunto a el estarán os cociñeiros do Árbore da Veira, Luís Veira e Iria Espinosa, que achegarán a alta gastronomía en formato bocadillo.

O chef galego, director gastronómico do restaurante Alborada (Coruña), terá dobre participación en Boucatise xa que a Alborada contará, ademais, cun posto dentro do Espazo Bocadillos Gourmet do festival no que ofrecerá a súa atlántica visión do bocadillo de luras, unha elaboración que Iván Domínguez creou en exclusiva para a ocasión e que estará á venda por 5 euros.

Organizado polo concello de A Coruña, o Festival de Bocata Gourmet “Bocautise”completarse con obradoiros infantiles, puntos de venta de bocatas gourmet e concurso de bocadillos, todo acompañado dea música en directo do DJ Cuco.

Comparte...