Adegas Altos de Torona, no pódium dos mellores viños do mundo

Adegas Altos de Torona, no pódium dos mellores viños do mundo

A adega Altos de Torona, da subzona O Rosal da  D.O. Rías Baixas, coseguiu novamente os maiores recoñecementos para os seus brancos Altos de Torona. En Londres, como cada ano levouse a cabo o recoñecido certame International Wine Challenge, que marca a referencia de calidade nos mercados internacionais. Altos de Torona Albariño foi elixido o mellor albariño ao recibir o Trophy Awards 2017. Estes trofeos son os maiores recoñecementos que outorga o IWC a aqueles viños que sobresaen nas súas distintas categorías e que previamente, recibiron Medalla de Ouro.

O International Wine Challenge premiou con medalla de ouro 72 viños de entre todas as denominacións de orixe españolas e concedeu Trophy a 22 deles. Con este galardón Altos de Torona Albariño, sitúase como o mellor albariño e está incluido entre os mellores viños do mundo. A adega xa foi distinguida en 2015 co Trophy Awards para Altos de Torona Rosal como mellor branco de España. Un plurivarietal composto polas mellores uvas Albariño, Caíño e Loureira.

Máis de 15.000 referencias de todas as rexións do mundo competían neste certame que recoñece as cualidades de cada viño mediante catas a cegas por parte dun xurado formado por máis de 300 expertos internacionais, entre enólogos, mestros do viño, sumilleres e xornalistas especializados.

Altos de Torona 100% albariño chegou ao mercado en 2015. Un viño elaborado con uva albariño procedente do viñedo de Altos de Torona, criado durante tres meses nas súas propias lías, o que lle aporta uns matices únicos destinado os padales máis esixentes. Cunha produción de 50.000 botellas, este viño diríxese á canle hosteleira. Para a adega é un “orgullo” contar con este recoñecemento resultado do traballo de anos, a “tradición, a paixón e a enerxía” posta nun proxecto que nace en 2006. A situación dos viñedos en Tomiño permite a perfecta maduración das uvas, así como o solo granítico e moi permeable, consegue resaltar ao máximo os aromas varietais deste caldo.

Outros galardóns

Ademais do albariño, outros viños da adega conseguiron distincións:

-Regina Viarum Mencía 2015 – Medalla de Bronce

-Regina Expresión 2013 – Medalla de Bronce

-Altos de Torona Godello 2016 – Commended

-Altos de Torona rosal 2016 – Commended
-Pazo de Villarei 2016 – Commended
Comparte...