10 adegas da D.O. Rías Baixas participan nun curso de comercio exterior

10 adegas da D.O. Rías Baixas participan nun curso de comercio exterior

A D.O. Rías Baixas organizou un taller de formación básica en Comercio Exterior no Pazo de Mugartegui, en Pontevedra

Un total de dez adegas participaron nas sesións deste mércores e xoves, que centraron a súa atención de documentación comercial, aduaneira, certificados, homologacións, calidade, etc.

O director xeral do Observatorio Español del Mercado del Vino, Rafael del Rey, reflexionou sobre o feito de que “levamos varios anos exportando máis do dobre do viño que consumimos en España”. Todo apunta a que as exportacioes non van baixar, así que “o reto está en como melloralas”.

Nesta liña, o secretario xeral da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, aseguraba que “o mercado internacional é unha posibilidade de futuro e de negocio. O obxectivo é seguir crecendo e animar a outras adegas para participar”.

As exportacións da D.O. Rías Baixas representa un 28% da súa produción. Segundo este organismo, chegaron a un total de 5.396.187 litros, que se traduciron en 28 millóns de euros en 2014. Das 170 adegas inscritas, 89 xa se atopan en plans de exportación. En Galicia, o 92,1% dos viños brancos de Pontevedra posúen denominación de orixe e supoñen un total do 42% dos viños brancos da comunidade galega cun valor do 71% e cun prezo medio moi superior á media nacional.

Comparte...