Satisfacción nas adegas Martín Códax polo aumento de facturación no 2013

Satisfacción nas adegas Martín Códax polo aumento de facturación no 2013

En Bodegas Martín Códax están moi satisfeitos polos datos económicos de 2013. Sinalan que lograron unha facturación de 18 millóns de euros, dous millóns máis que ano 2012, o que supón un crecemento total do 14%. Os estados financeiros provisionais da adega reflicten ademais unha melloría en canto a beneficios superior ao 10%, cun ebitda (beneficio bruto de explotación) que alcanzará os dous millóns de euros.

O aumento das vendas dos seus viños no mercado exterior, en Estados Unidos, Alemaña ou Reino Unido, son a clave deste aumento, as devanditas vendas supoñen un 60% da facturación total da adega e ás que se pode achacar o 50% do crecemento de 2013. Martín Códax estableceu unha oficina comercial en China.

O mercado nacional, entre alimentación e hostalaría, supón o 25%.

Segundo a empresa, as boas cifras de facturación que logrou o grupo Bodegas Martín Códax son debidas tamén en boa medida ao bo arranque que tivo a adega do Condado Adegas Galegas, adquirida en 2012 por Martín Códax. A súa facturación sitúase en torno aos 800.000 euros, contía que estaba prevista alcanzar no 2015.

Comparte...