
Adegas da Ruta do Viño do Ribeiro renovan o seu Q de calidade turística
Dúas son as cooperativas da Ruta do Viño do Ribeiro que se atopan no proceso de renovaren o seu Q de calidade, a cooperativaSan Roque de Beade e máis a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro , na categoría de turismo industrial, despois do seu primeiro galardón en 2012. As visitas a estas adegas permiten coñecer por dentro o funcionamento destas industrias e supoñen un bo incentivo turístico.
A Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e Turgalicia asinaron un novo convenio para 2013 co obxecto de renovar esta certificación e achegar un valor a maiores dos servizos que ofrecen os establecementos da Ruta do Viño do Ribeiro.