BOMBÓNS DOCE OLEI, ACEITE E CHOCOLATE

BOMBÓNS DOCE OLEI, ACEITE E CHOCOLATE

Aceites Olei e Pastelaría doce van da man para ofrecermos os bombóns doce Olei, unha maridaxe para gastrónomos (e para lambaretas en xeral) que se presentou esta mañá no Mercado de Abastos de Santiago.

Para Miguel Gil, director técnico de doce, a chamada por parte de Olei foi unha oportunidade magnífica para unha combinación que en Catalunya xa ten moita tradición.

Miguel Gil, quen se considera máis un cociñeiro de sobremesas que un pasteleiro, tal e como indica nunha entrevista que se poderá ler no número 1 da revista BenBo, adiantounos que tamén están a traballar en lanzar turróns.

Cada caixa de bombóns doce Olei contén unha coidada selección de seis bombóns de tres sabores diferentes: chocolate negro, chocolate con leite e chocolate branco. Cada un deles conta co punto amarelo Olei, sinal de identidade da marca, na parte exterior do chocolate. O packaging inclúe ademais no seu interior unha recensión explicativa.

Os bombóns doce Olei distribuiranse a través dos establecementos doce e no seu portal web, ademais de nos puntos de distribución da firma de aceites.

Olei está de dobre noraboa, pois o portal Gastroeconomy o incluíu na súa lista dos doce mellores aceites de oliva españois.

Comparte...