Brinde simultáneo polos viños con Denominación de Orixe

Brinde simultáneo polos viños con Denominación de Orixe

Cambados súmase o vindeiro sábado 20 de maio á celebración do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O., que tamén terá lugar noutras localidades como Palma de Mallorca, Logroño, Colmenar de Oreja, Huelva, Lerma, Almendralejo, Cariñena, Cigales, Leioa, Reus e Caravaca de la Cruz. Será unha xornada festiva, popular e participativa, na que miles de persoas á vez, desde distintos puntos da xeografía española, brindarán simultaneamente polo viño con Denominación de Orixe. O objectivo deste brinde colectivo, que se celebrará ás 13.30 horas, é achegar o viño con Denominación de Orixe ao público en xeral e os mozos en particular. Un sinxelo xesto co que poñer en valor a calidade deste produto e achegalo a aqueles que aínda non o descubriran.

Precisamente, o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas ultima os preparativos para celebrar por todo o alto este primeiro DÍA MOVIMIENTO VINO D.O. en Cambados, Cidade Europea do Viño 2017. Nel, espérase reunir a multitude de amantes do viño con D.O., en xeral, e dos Rías Baixas en particular. O acto contará coa música do grupo pontevedrés La Casa de los Ingleses, que será o encargado de amenizar esta xornada festiva na Praza do Concello de Cambados.

Na celebración do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. do sábado 20 de maio, participan 25 Denominacións de Orixe: Alicante, Almansa, Arlanza, Binissalem-Mallorca, Bizkaiko Txakolina, Bullas, Calatayud, Cariñena, Catalunya, Cigales, Condado de Huelva, Jerez-Xéres-Sherry y Manzanilla_Sanlucar de Barrameda, La Mancha, Madrid, Montilla-Moriles, Navarra, Pla i Llevant, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribera del Guadiana, Rioja,  Valdepeñas, Valencia, Utiel-Requena e Yecla. Algunhas delas xa deron a coñecer os lugares onde terá lugar o brinde do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O.

Os programas e puntos de celebración do resto de todas as Denominacións de Orixe que participan poderán seguirse a través da páxina web de Movemento Viño D.O. e nas redes sociais a través do hashtag #DíaMovimientoVinoDO.

Comparte...