Punto e final ás Xornadas sobre as Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Punto e final ás Xornadas sobre as Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia conclúe as tres xornadas sobre os destilados galegos con selo de calidade

Medio centenar de alumnos acudiu ás actividades celebradas no CIFP Paseo das Pontes. O programa contemplaba unha cata de Augardentes e Licores de Galicia a cargo da vocal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, e outra de showcooking e coctelería en vivo.

Esta última parte correu a cargo do chef do Casino La Toja, Mark Wernink; do cociñeiro do Hotel Eurostars Isla de La Toja, Francisco Castro; e do barman do Casino La Toja, Ángel Camiña.

Pola súa parte, José Antonio Feijóo, presidente do Consello Regulador, aludiu aos distintos disfraces cos que o consumidor se atopa ao pedir un destilado.

Dende os mal chamados augardentes e licores caseiros, que non contan con ningún tipo de control e que “non se poden comercializar”, ata o recheo de botellas, unha práctica prohibida pola lei.

Do mesmo xeito, Feijóo agradeceu a colaboración de distintos Consellos Reguladores como o do Queixo Tetilla, Mel de Galicia e Castaña de Galicia, que aportaron seus productos para o showcooking.

Sesión vespertina

Pola tarde, Sonia Otero ofreceu unha cata comentada de tres augardentes de Galicia, unha con base de uva albariño, outra con base uva mencía e a terceira coa híbrida do Ulla.

Na sesión de cociña e coctelería armonizáronse un Tataki de atún vermello con brotes, chips de verduras e teriyaki de Licor de Herbas de Galicia co cóctel O envellecido acomodado e un Bizcoito de inverno cremoso de Queixo Tetilla, Mel de Galicia e xelatina de Licor Café de Galicia co combinado Café e Especias.

Comparte...