O boi 100% galego, protagonista nas xornadas do Asador O’Pazo de Padrón

O boi 100% galego, protagonista nas xornadas do Asador O’Pazo de Padrón

O restaurante Asador O’Pazo de Padrón regresa coas Xornadas do boi galego, unhas xornadas gastronómicas que se converteron case en tradición e que estarán a protagonizar a brasa da súa cociña durante as próximas semanas. Así, os padais máis exquisitos poderán gozar desta exclusiva carne, que nesta ocasión procede dun exemplar de boi galego seleccionado especialmente polo restaurante nunha gandería de Xinzo de Limia, en Ourense.

Esta prato, de gran calidade e orixe 100% galego, súmase ao extenso menú á brasa que habitualmente se pode solicitar no local, e que dirixe con mestría o chef Óscar Vidal. Ademais de carnes, nos seus salóns poden probarse algúns dos mellores peixes e mariscos das rías galegas e os vexetais de alta calidade da horta de Padrón, maridados cos caldos e espirituosos Premium da súa propia adega e do resto de denominacións de orixe nacionais.

Os chuleteros de boi galego estarán dispoñibles por un tempo limitado e ata fin de de existencias. Para poder probalos, é necesario facer unha reserva previa no teléfono 981 811 507.

Comparte...