Cada día un libro. Galego e gastronómico

Cada día un libro. Galego e gastronómico

Día do libro. Unha estupenda opción para agasallar é, como non, unha subscrición a BenBo, que sen ser un libro véndese en librarías. ¡Por algo será!.

Pero si busca un bo libro de gastronomía para esta ocasión non esqueza aos autores galegos. Cunqueiro, Pardo Bazán, Xulio Camba, Jorge-Víctor Sueiro son unha boa opción, pero hai moito máis.

Entre as últimas novidades atópanse “O polbo e a súa cociña”, de Matilde Felpeto (Edicións Xerais) ou “Nove e a nova cociña galega. Cociñeiros, paisaxes e produtos”, con textos dos colaboradores de BenBo Marta Fernández Guadaño e Manolo Gago, que de momento se pode adquirir nos restaurantes do Grupo Nove.

Os catálogos das editoriais galegas ofrecen un pouco de todo. Libros para aprender a cociñar coma os larpeiros ou os poetas galegos, para cociñar con algas ou como a muller de Álvaro Cunqueiro, ou guías sobre cogomelos (de Helena Villar Janeiro) ou a lamprea entre os fondos da editorial Galaxia.

Receitarios sobre amoras e froitos silvestres, ortigas ou filloas no catálogo da editorial Alvarellos. E guías “secretas” da gastronomía de Ourense e Lugo.

As obras xa clásicas de Fina Casalderrey (O libro da empanada e Repostería en Galicia) na oferta de Xerais, xunto con obras sobre cociña vexetariana, alimentación saudable ou receitarios básicos para quen non sabe nin fritir un ovo.

Son só algunhas das obras de autores galegos que están á súa disposición. No día do libro e o resto do ano.

Comparte...