Café e integración cos campionatos de baristas para personas con síndrome de Down de Cafento

Café e integración cos campionatos de baristas para personas con síndrome de Down de Cafento

marca de cafés Cafento  aposta pola integración de persoas con síndrome de Down a través da formación no mundo do café.

Sobre 50 alumnos participarán neste 2014 desta formación para despois accederen a campionatos de baristas autonómicos, entre os que volverá figurar Galicia, onde se celebrou o primeiro certame deste tipo no 2012 e que contará, xa que logo, coa súa terceira edición.

Para reforzar a proxección destes campionatos, ademais dos galardóns, aos equipos que se impoñen facilítanselles prácticas laborais en hostalaría.

En palabras de Tiago Lemos, director de mercadotecnia de Cafento, estes campionatos “serven para visibilizar a un colectivo de persoas capaces de traballar e de facelo perfectamente ben; e permítennos dar unha formación especializada nunha profesión, a de barista, cunha proxección cada vez maior no mercado laboral, promovendo así a súa integración social e independencia, contribuíndo para o desenvolvemento da cultura do café,”.

Profesionais como Víctor Couto ou Diego López colaboran como formadores de baristas nesta iniciativa.

Comparte...