Cafento organiza actividades formativas en abril, con Víctor Couto

Cafento organiza actividades formativas en abril, con Víctor Couto

Durante o mes de abril a Escuela Cafento organiza dez actividades formativas en torno ao café dirixidas a profesionais da hostalaría de toda Galicia que estarán comandados por Víctor Couto.

Trátase de cursos e seminarios sobre a cata do café, o Latte Art (debuxar sobre o café), as infusións e a coctelaría a base de café e infusións que terán lugar en Santiago.

Axenda da Escuela Cafento de Galicia

Curso

Data

Horario

Seminario de infusións

2 de abril

10h a 12h

Maridaxe de café de orixe con licores

3 de abril

10h a 12h

Seminario de Latte Art

4 de abril

17h a 19h

Cata de cafés

9 de abril

10h a 12h

Coctelaría de café

11 de abril

17h a 19h

Seminario de Latte Art

24 de abril

10h a 12h

Coctelaría de verano con café

25 de abril

10h a 12h

Coctelaría de verán con infusións

25 de abril

17h a 19h

Seminario de Latte Art

29 de abril

17h a 19h

Coctelaría de café

30 de abril

10h a 12h

Víctor Couto foi Campión Barista de Galicia en 2008 e 2009, e estivo considerado un dos dez mellores baristas e catadores de café de España durante a súa etapa como competidor (2008-2011). Na actualidade exerce como xuíz nos campionatos baristas.

Escuela Cafento

Nas súas aulas de formación e a través da web www.escuelacafento.com, a Escuela Cafento desenvolve un programa de formación e desenvolvemento da cultura do café; tamén se inclúen actividades de formación sobre outras categorías, com tés, infusións e chocolate.

Neste sentido, a Escuela Cafento celebra periodicamente cursos, seminarios, catas guiadas, sesións de preparación para campionatos baristas… e distintas actividades que combinan a formación e o desenvolvemento da cultura barista entre profesionais e empresarios da canle HORECA.

Cafento naceu a partir de Cafés El Gallego e, na actualidade, tamén forman parte da empresa ata 20 marcas, 17 de café, incluíndo Cafés El Trópico e Cafegal.

Comparte...