O Cafetín de Pontevedra gaña o certame De Tapas por Galicia

O Cafetín de Pontevedra gaña o certame De Tapas por Galicia

Rubén González e Sergio Orge, representantes do Cafetín de Pontevedra, alzáronse co Premio Mellor Cociñeiro na Gala Show Cooking De Tapas por Galicia

A súa receita É tempo de navallas foi recoñecida por un xurado formado por profesionais do sector. O Premio Especial do Público foi para Gerson Iglesias e Carlos Barreira, do Ruxe Ruxe de Vigo, cun Pepito de polbo en pan rústico con allada texturizada.

Os gañadores dos concursos de petiscos das sete cidades de Galicia xuntáronse para un evento de cociña en directo organizado por Turismo de Galicia co obxectivo de potenciar o turismo urbano e gastronómico, aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos.

A final do certame De Tapas por Galicia reuniu no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a Luis Peral, de Oído Cocina da Coruña; Siro González, do Restaurante Siro González de Santiago de Compostela; Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez, da Bodega de Estrella de Ferrol; Alejandro Méndez, Os Cachivaches de Lugo; Cristina Dias, de Porta da Pía de Ourense; Sergio Orge e Rubén González, de Cafetín de Pontevedra; e Gerson Iglesias e Carlos Barreira, de Ruxe Ruxe de Vigo.

O xurado profesional valorou a orixinalidade e o respecto polo produto da tapa. Formaron o panel de expertos Miguel Ángel Campo (presidente do Grupo Nove), Alfonso Cabaleiro (presidente de Galicia Calidade), José Manuel García (xornalista da Radio Galega), Marta Fernández Vázquez (directora do Centro Superior Hostalería de Galicia) e Cesáreo González Pardal (secretario do Clúster de Turismo).

Comparte...