Cambados acollerá o Encontro Anual da Plataforma Tecnolóxica do Viño

Cambados acollerá o Encontro Anual da Plataforma Tecnolóxica do Viño

Cambados, designada recentemente Cidade Europea do Viño 2017, foi o lugar elixido para a celebración do Encontro Anual 2017 da Plataforma Tecnolóxica do Viño, que tenrá lugar os días 4 e 5 de maio. Unha cita imprescindible para o sector vitivinícola, na que tanto socios coma non socios da PTV, están convidados a gozar dunha programación que abarcará actividades técnicas e lúdicas. Todo iso nun escenario de excepción, Bodegas Martín Códax.

O evento, patrocinado polo Consello Regulador Rías Baixas e Bodegas Martín Códax, conta ademais coa colaboración do Concello de Cambados, ABANCA e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).

XOVES, 4 DE MAIO

A Comisión Técnica da PTV presentará a nova Axenda Estratéxica de Innovación do Viño para o periodo 2017-2020. Documento de referencia para la I+D+i do sector, que recolle las principales líneas de actuación que el sector debe abordar.

Ademais, os consultores enolóxicos, Pablo Ossorio e Cristina Mantilla, aportarán os asistentes unha visión sobre as tendencias de mercado e consumo no sector do viño, así como unha valoración da presenza dos viños galegos no mundo.

O broche de ouro á primeira xornada porana “Galicia, berce da Innovación”, un espazo networking que pretende rendir unha particular homenaxe á innovación vitivinícola galega por medio dunha degustación de viños procedentes de bodegas galegas socias da PTV, así coma dos últimos avances científicos dos centros tecnolóxicos da zona, que tamén forman parte da PTV.

VENRES, 5 DE MAIO

A xornada do día 5 comezará coa celebración da Asemblea Xeral de Socios 2017, cuxa asistencia queda reservada exclusivamente os Socios da PTV e na que se realizará un balance do ano 2016 e se fixarán os obxectivos e accións estratéxicas para o próximo periodo 2017-2018. De maneira paralela, e dirixido a entidades non socias da PTV, celebrarase unha Cata Técnica de viños de Martín Códax, procedentes ou vinculados con Proxectos I+D+i sobre viticultura de precisión.

A partires das 12.15, os asistentes a ambas actividades paralelas están convocados a un bloque técnico sobre perspectivas futuras de dous grandes retos -e preocupacións- do sector do viño: a sostenibilidade e as enfermidades da madeira.

Os asistentes ao Encontro poderán gozar dunha visita guiada a dúas bodegas do Vale deo Salnés: Mar de Frades e Pazo Baión.

Comparte...