'Caminha Doce' - IV Feira de Doçaria de Caminha

Doces e lamprea en Caminha

Do 8 ao 12 de febreiro, Caminha acolle Caminha Doce’ – IV Feira de Doçaria de Caminha, unha cita na outra beira do Miño cos doces que contará con máis de 20 artesáns inscritos.

A organización desexa que esta sexa unha edición de confirmación, polo que a mostra contará con reposteiros de todo Portugal e será posible degustar manxares dos Azores.

O casco histórico da localidade minhota será o marco, que tamén contará con moita animación (concurso infantil de disfraces, tren turístico a Vila Praia de Áncora e Moledo, artesanía). O edificio da Câmara Municipal de Caminha recollerá a exposición concurso ‘Artes e Doces’.

Pero ademais, en 21 restaurantes de Caminha e doutros concellos portugueses pódese degustar a lamprea durante os meses de febreiro e marzo no marco da iniciativa Lampreia do Rio Minho – Um Prato de Excelência.

Xunto a Caminha, os outros concellos son: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira.

Comparte...