Campamento de cociña para nenos, en Lugo

Campamento de cociña para nenos, en Lugo

O campamento de cociña organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) está tendo lugar esta semana no pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Nas actividades, dirixidas polo cociñeiro Alejandro Méndez Lázare, da Arrocería Os Cachivaches, participan nenos nacidos entre 2004 e 2009 (ambos incluídos).

Todas estas mañás, ademais de aprender cociñando durante as clases, os nenos gozan probando as súas propias creacións. O último día, o vindeiro venres, está prevista unha festa fin de curso con clases de servizo de mesa e protocolo.

Comparte...