O Campionato Galego de Coctelería celebrarase o próximo 18 de abril en Compostela

O Campionato Galego de Coctelería celebrarase o próximo 18 de abril en Compostela

A Asociación Galega de Barmen anunciou a data do seu próximo Campionato Galego de Coctelería, para o que xa está aberto o prazo para inscribirse e recibir as bases da convocatoria. Será o próximo 18 de abril no Hostal dos Reis Católicos cando se decida quen é o mellor barman de Galicia 2016 tanto no campionato clásico para barmans e mozos barmans, que deberán elaborar un grolo after dinner que cumpra coas bases establecidas do concurso. Ademais, disputarase tamén unha nova edición do Campionato Galego de Flairtending, a coctelería acrobática, e do Trofeo Mellor Cóctel con Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Para esta edición, a organización mantén o emprazamento habitual, o parador de Santiago, pero traslada a un luns a celebración do campionato, co obxectivo de que un maior número de profesionais poidan tomar parte na competición. Para participar é necesario estar asociado a AGABA, cumprir as bases do concurso e remitir as receitas dos cócteles cos que se vai a participar antes do 1 de abril. Toda a información e bases de concurso pódense descargar da súa web www.agaba.net ou solicitar máis información no correo abegalicia@agaba.net.

Comparte...