Máis de 20 barmans desputarán o Campionato Galego de Coctelería 2016

Máis de 20 barmans desputarán o Campionato Galego de Coctelería 2016

O Campionato Galego de Coctelería, organizado pola Asociación Galega de Barmans (AGABA), reunirá a 22 profesionais, de entre os cales se elixirá o novo Cocteleiro Galego de 2016.

A destreza na elaboración, sabor e coherencia coa receita e co tipo de cóctel solicitado serán algúns dos requisitos que se terán en conta para escoller ao gañador, unha decisión que se coñecerá o luns, 18 de abril, nun evento que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos.

En concreto, nesta cita disputarase o XV Campionato Galego de Coctelería Clásica, o VII Campionato Galego de Flairtending e o XIII Trofeo Mellor Cóctel con Augardente de Galicia, nunha gala que estará conducida polo xornalista Ramón Castro. Como novidade, nesta edición, o concurso trasladouse do sábado a un luns, un cambio co que a organización quere facilitar a participación dun maior número de barmans profesionais en activo.

A Capela Real do Hostal volverá ser o punto de encontro do único certame destas características que se celebra en Galicia. Os gañadores serán os representantes da comunidade autónoma no Campionato Nacional de Coctelería, que se celebrará en outubro en Madrid.

Como en edicións anteriores, o campionato compenzará coa súa modalidade clásica. Da primeira rolda sairán os seis mellores cocteleiros, que pasarán á semifinal e terán a oportunidade de disputar o Trofeo ao Mellor Cóctel con Augardente de Galicia. De entre estes seis sairá finalmente o campión galego deste ano. Unha vez terminado o concurso, chegará o momento da coctelería acrobática. Celebrarase nunha soa rolda e de aquí coñecerase o Campión Galego de Flairtending, quen tamén será o representante galego no certame nacional de Madrid.

Comparte...