VILALBA TEN A SÚA CITA CO CAPÓN O 22 DE DECEMBRO

VILALBA TEN A SÚA CITA CO CAPÓN O 22 DE DECEMBRO

A tradicional Feira do Capón de Vilalba terá lugar este ano o sábado 22 de decembro.

O recinto feiral contará cunha carpa instalada na Praza da Constitución, no que entrarán as aves ata as 9:00 horas para, ás 10:00, permitir o paso ao público xeral. Ás 12:30 entregaranse os premios aos mellores criadores para, a continuación, comezares a degustación de capón nos establecementos de hostalaría da vila daTerra Chá.

A música folclórica amenizará unha xornada na que tamén se poderán adquirir outros produtos locais, como o queixo de San Simón ou repostaría tradicional.

Comparte...