A Caravana do Viño de Cambados reuniu a máis de 200 persoas na madrileña praza de Callao

A Caravana do Viño de Cambados reuniu a máis de 200 persoas na madrileña praza de Callao

Caravana do Viño do Concello de Cambados puxo o punto e final á súa xira por 17 cidades na praza madrileña de Callao. Máis de 200 persoas déronse cita nesta céntrica praza para coñecer máis sobre Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.

O concelleiro de Enoturismo do Concello de Cambados, José Ramón Abal Varela, explicou que “se trata dun proxecto para promocionar a declaración de Cambados como Cidade Europea do Viño, dar a coñecer a oferta que temos e conseguir atraer máis turistas a Cambados”. Ademais, apunta que “decidimos apostar pola nosa presenza en cidades ricas en turismo internacional”. Tanto é así que a próxima edición, que xa suma 65, da Festa do Viño Albariño, que se celebrará do 2 ao 6 de agosto en Cambados, espera conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Para iso contará cun ambicioso programa de actividades cuxo obxectivo é ensalzar a capitalidade de Cambados como Cidade Europea do Viño.

Á cita na praza madrileña asistiron o presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma, xunto co concelleiro de Turismo de dito concello, José Ramón Abal. Fátima Abal explicou que “Madrid tiña que ser a cidade elexida para pechar a gira da “Caravana do Viño” por España e Portugal, por ser a capital do noso país e por encontrarse no centro da península e, porque precisamente Cambados representa este ano ao sector vitivinícola nacional”.

Non faltaron a esta cita o concelleiro de turismo de Sanxenxo, o alcalde de Ribadumia e o tenente alcalde de Vilanova, así como un nutrido grupo de alcaldes, concelleiros e técnicos de turismo da comarca do Salnés.

Os asistentes puideron gozar dunha degustación de diferentes marcas da D.O. Rías Baixas, proporcionados por 30 adegas, así como de información de interese de Cambados da súa Festa do Albariño e das actividades previstas para todo este ano e, finalmente proxectáronse os dous promocionais.

Comparte...