Carrilleras a la cerveza negra de Cerevezoteca A Tinería

Unha de carrilleiras, por favor

Como xa contamos, o campión da edición 2014 do concurso de tapas Xantar de Tapas (Lugo) presenta este ano unha tapa elaborada con carrillada. Non é o único que optou por esta carne, que tamén está presente na oferta da Cervezoteca A Tinería, con carrilleiras á cervexa negra (Carrilleiras de porco con redución de cervexa negra e patacas palla), na do Curruncho A Nosa Terra, que ofrece Febras melosas (Carrilleira de tenreira ecolóxica acompañada con pataca coa súa pel e castañas, con salsa viño ecolóxico de Ribeira Sacra), e na de Millenvm, que propón a Carrilleira Milenivm (Carrilleira con redución de viño mencía e crema de castañas).

Tamén optaron por tapas carnívoras en Bulló Xantar (Solombo de porco con costra de millo e cebola), a Parrillada Fonsagrada (Tosta de solombo de tenreira en escabeche no local das Gándaras e Niño de vexetais con tenreira rechea), A Rotonda (Solombo de porco ibérico cunha salsa, especialidade da casa, e patacas palla), O Cincuenta e Seis (Medallón de tenreira galega), D’Casual (Bocadiño de solombo Wellington), El Riba (Milfollas de lingua, mazá e cebola) e Medievo (Bolo de follado recheo de lombo de porco asado con queixo)

No concurso ata hai una tapa con carne de venado, proposta por Arrocería Os Cachivaches: Venado en terra de arroz e árbores de brecol con néboa da Ribeira Sacra.

O concurso de tapas Xantar de Tapas celébrase en Lugo do 11 ao 27 de setembro.

Comparte...