TALLER DE CHOCOLATE PARA NENOS, EN XIXÓN

TALLER DE CHOCOLATE PARA NENOS, EN XIXÓN

En BenBo abrímonos a Asturias. As nenas e nenos de entre 8 e 12 anos están invitados a participar no primeiro Taller de Chocolate para nenas e nenos, que organiza La Casa del Chocolate de Xixón o próximo sábado, 12 de xaneiro, ás 11 h no seu local na cidade (c/Manuel Llaneza, 13).

Serán 60 minutos dedicados por enteiro ao mundo do chocolate, cun completo programa que inclúe teoría e moita práctica e que se articula en seis apartados: 1. Que é o chocolate? 2. Orixe do cacao. 3. Historia do chocolate. 4. Como se elabora o chocolate? 5. Iniciación ao manexo do chocolate. 6. Taller práctico de bombonería.

Toda unha iniciación ao mundo do chocolate da man dun dos máis recoñecidos mestres chocolateiros de España, Tino Helguera, con catro premios nacionais, tres Campionatos de España e un segundo posto no Gran Premio Internacional do Chocolate.

Desenvolverán as súas propias creacións chocolateiras que poderán comerse ou levarse á casa.

O Taller de Chocolate é gratuíto e acollerá un máximo de 15 participantes. Os interesados en inscribirse poderán facelo por correo electrónico ou telefonicamente: atencion.clientes(arroba)cafento.com ou 902 117 230.

A Casa do Chocolate é o novo concepto gastrónomo en torno ao mundo do chocolate que xorde da alianza entre Cafento e TinoHelguera, considerado un dos mellores artesáns do chocolate en todo o mundo.

Comparte...