Casa Marcelo reabre as súas portas o seis de abril

Casa Marcelo reabre as súas portas o seis de abril

Casa Marcelo reabrirá as súas portas o vindeiro sábado seis de abril cun novo modelo de negocio, máis parecido a unha taberna de gama alta que a un restaurante, despois de permanecer pechado durante o mes de marzo para executar as obras de remodelación.

O venres faremos unha festa de reapertura cos nosos clientes e amigos e o sábado abriremos as portas a todo o que nos queira visitar” indícanos Marcelo. O establecemento abrirá de martes a sábado, así como os domingos ao mediodía, cunha oferta que incluirá pratos das cociñas orientais e as súas adaptacións a Galicia.

Marcelo Tejedor anunciou o peche e reapertura do establecemento no pasado Forum de Xirona, onde escenificou a súa “última cea” con treces invitados, tantos como anos levaba aberto o negocio, que foi pioneiro no menú único e na apertura da cociña á sala.

En poucos días poderemos descubrir a nova oferta de Casa Marcelo e as novidades que incorpora. Xunto a Marcelo continúa Iván Domínguez, auténtico alicerce sobre o que pivota a cociña do establecemento.

Comparte...