O nova cociña multicultural de Casa Marcelo é xa unha realidade

O nova cociña multicultural de Casa Marcelo é xa unha realidade

A nova Casa Marcelo é xa unha realidade convertida nun mostrario de gastronomía multicultural, desde Galicia a Xapón ou Perú, cunha mestura de estilos sen esquecer os pratos clásicos da súa cociña, que fixeron do restaurante compostelán unha referencia en Galicia.

O menú degustación único, que durante trece anos foi a insignia da casa, deixa paso a propostas variadas preparadas á vista do cliente xa que coa nova estrutura do local a cociña ábrese aínda máis á sala e intégrase completamente nela.

A sala conta con dous espazos ben definidos: unha barra de sushi, con praza fixas, e unha gran mesa central que lembra ás mesas compartidas das pulperías ou as antigas casas de comidas.

Ao mediodía do sábado 6 de abril os primeiros clientes poderán degustar as especialidades que lles ofrecerá o equipo encabezado por Marcelo Tejedor e o seu inseparable Iván Domínguez. Casa Marcelo abrirá de martes a sábado en horario de mediodía e noite e os domingos ao mediodía.

Comparte...