Pecha Casa Marcelo… para renacer cun proxecto “radicalmente novo”

Pecha Casa Marcelo… para renacer cun proxecto “radicalmente novo”

Pecha Casa Marcelo, en Santiago de Compostela. Pecha para renacer cun proxecto novo que se presentará o próximo día 25 no marco do Forum Gastronómico de Xirona e sobre o cal o chef compostelán non adianta peza. “Trátase de pechar unha etapa e iniciar outra con conceptos distintos aos que aínda estamos a dar os últimos toques” dinos o chef compostelán, un dos alicerces da cociña creativa galega e confundador do Grupo Nove. A nota coa que o restaurante anuncia o seu peche e resurrección asegura que se trata dun proxecto “radicalmente novo “ e “sorprendente”.

Casa Marcelo foi un proxecto iniciado en agosto de 1999 por Marcelo Tejedor, quen ao ano seguinte foi galardoado co premio ao Mellor Cociñeiro Novo de España. En 2004, Casa Marcelo recibiu a súa primeira estrela Michelín.

Xunto con Iván Domínguez, que se incorporou ao equipo en 2006, foron referencia da vangarda gastronómica galega durante o últimos trece anos e o seu compromiso cos produtores e produtos galegos marcaron para sempre un estilo de cociña recoñecido e aplaudido en todo o mundo.

O novo proxecto continuará no número un da rúa Hortas, en Santiago de Compostela, con Marcelo e Iván á fronte.

Comparte...