Casa Solla celebra os seus 55 anos de historia

Casa Solla celebra os seus 55 anos de historia

Os anos pasan para todos, e por suposto, tamén para os negocios. E se non que llo digan a Casa Solla, que acaba de cumprir 55 anos de vida. Desde os seus inicios en 1961, e da man do prestixioso chef Pepe Solla, a evolución do restaurante de Poio foi moita: dunha casa de xestión familiar pasou a converterse nun dos restaurantes galegos máis recoñecido, con tres Soles Repsol e unha estrela Michelín, no seu haber.

E para celebralo, a Sala Capitol de Santiago de Compostela encheuse onte de boa música e mellor gastronomía. Acompañando a Pepe Solla neste 55 aniversario do seu comedor, coñecidos restaurantes elaboraron un menú conxunto composto dos seguintes pratos: Bocado de empanadas cocinado no El obrador de Mary; Dumpling de pulpo a la mugardesa y caldo ahumado elaborado en A Gabeira; Sopa de cocido de Lalín de La Molinera; Vieira curada con crema de boletus, fruta de la pasión y verduritas feita por O retiro da Costiña; Burrito de carillera, grelos y tetilla elaborado por Pardo; Estofado de rabo de vaca vieja de Bandeira con castañas de Eira do Leña; Anguila ahumada en la chimenea y ramallo de mar feito por O Balado; Bonito del Atlántico marinado do restaurante Culler de Pau; Albacora, crema de apio, pesto de lechuga de mar elaborado por Camiño do Inglés; Confitura de caqui, cremoso de yogurt y crumble de Pandemonium; Lubina a la Criolla por BocaNegra; Sardinas, anisados y pan de agua de mar do restaurante Manso; Fajita de caballa ahumada y cebolla acidulce feita por Catering Boketé; Unha dFabas elaborada en Abastos 2.0; Costilla de buey gallego con fabas de Lourenzá feita por España; Sopita calentita para tu barriguita de Bido; Laconrocking & grelosband cocinada por Ruxe Ruxe e Cereixa que caiu da árbore por Árbore da Veira.

Ademais, todos os invitados puideron gozar do menú maridado con cervexas Estrella Galicia e viños proporcionados polo Instituto Galego do Viño.

Comparte...