Cata e xornada arredor das augardentes e licores galegos, no Casino da Toxa o 25 de agosto

Cata e xornada arredor das augardentes e licores galegos, no Casino da Toxa o 25 de agosto

Sonia Otero, destiladora, será a encargada de dirixir a cata gratuíta dos produtos do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

O Casino da Toxa acollerá o xoves 25 de agosto unha xornada organizada polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

“Eu, de etiqueta” é o eslogan desta cita que correrá a cargo da destiladora da empresa Viña Blanca del Salnés, Sonia Otero. Os produtos amparados serán catados a cegas polos asistentes, que tamén gozarán dun aperitivo con pratos baseados nos augardentes e licores concibidos polo chef Mark Wernink, que estará acompañado por Francisco Castro, xefe de partida do Gran Hotel da illa.

Na velada tamén haberá espazo para a coctelería e a divulgación, da man do campión galego de coctelería 2016, Xaime Rodríguez; de Marcos García, segundo clasificado no concurso de baristas de Galicia; e de Paco Pajares e Diego García, Barmans do Casino da Toxa.

Será unha cata de balde na que, para apuntarse, os interesados deben chamar ao teléfono 986 731 000 ou entraren na web www.casinolatoja.com 

O presidente do CRIIGG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, José Antonio Feijóo, salienta que “o feito de que esta actividade divulgativa estea consolidada é para nós toda unha satisfacción que demostra o interese do público polos destilados de calidade” e agradece o apoio do recinto que a acolle.

Comparte...