‘Notas de Cata’ da Ruta do Viño Rías Baixas no Corte Inglés de Santiago

‘Notas de Cata’ da Ruta do Viño Rías Baixas no Corte Inglés de Santiago

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrou con boa acollida “Notas de Cata”, unha cata comentada, nos salóns do restaurante do Corte Inglés de Santiago. O encargado de achegar os diferentes matices e sabores aos participantes foi o catador Nacho Costoya, que contou cunha ambientación musical escollida para a ocasión. Tratábase dun dúo de corda, formado por violín e violoncelo, que interpretou as bandas sonoras de Amélie, Piratas del Caribe, Master and Commander e La vida es bella. Unha combinación perfecta que harmonizou con todos os sentidos os catro viños catados.

ANFACO- CECOPESCA, doutra banda, achegou a parte gastronómica que non podía faltar nesta velada. A degustación estaba composta por diferentes produtos típicos galegos, como mexillóns en escabeche, zamburiñas en salsa de vieira ou sardinillas en aceite.

A cita no Corte Inglés acabou cun pequeno recital do dúo de corda, que, a modo de sobremesa, amenizou o final da xornada con máis bandas sonoras de éxito como Juego de Tronos, Memorias de África ou Love Actually.

Comparte...